I Congreso de Economía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
I CONGRESO DE ECONOMÍA DA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL
25 e 26 de setembro de 2008
O Consello Galego de Colexios de Economistas (integrado polos Colexios de Economistas da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra) organiza, coa colaboración da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, o I Congreso de Economía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que, baixo o lema “Construíndo en cooperación”, terá lugar na cidade de Vigo os días 25 e 26 de setembro do presente ano.
En torno a este lema proponse un marco de encontro, divulgación e reflexión sobre as potencialidades de cooperación e sobre as liñas a seguir para alcanzar o aumento de competitividade, desenvolvemento e riqueza que posibilita a consolidación da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, co obxectivo engadido de recoller as inquietudes e necesidades do tecido empresarial, profesional e institucional no marco da Eurorrexión.
O programa científico estruturase en torno a tres paneis principais: EMPRESA, ECONOMIA TRANSFRONTEIRIZA E PROFESIONAIS.
Os autores interesados en participar nas áreas abertas do I Congreso de Economía da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, deberán enviar electrónicamente os resumos das súas comunicacións a través da páxina web do Congreso.
Os resumos serán avaliados atendendo a súa coherencia co obxectivo do Congreso. A data límite de recepción será o 16 de maio de 2008, a data límite de resposta aos autores será o 26 de maio.
Os autores con resumos aceptados, deberán presentar as súas comunicacións antes do 30 de xuño. As comunicacións serán avaliadas con anterioridade ao 1 de agosto polo Comité Científico. As comunicacións aceptadas serán editadas nunha publicación recopilatoria.
Os formatos de resumos e comunicacións están dispoñibles en www.congresoeurorrexion.com
e-mail: pontevedra@economistas.org
COLEGIO DE ECONOMISTAS DE PONTEVEDRA
C/ Colón, 29-2º Dcha. 36201 Vigo
Tel. 986 222 212 Fax: 986 221 252